A Comisión Diocesana do Ano Santo relanza os preparativos do Ano Xubilar Compostelán 2021

A Comisión para o Ano Santo 2021 volveu reunirse este martes no Centro de Acollida de Peregrinos para analizar a marcha dos preparativos do Ano Xubilar Compostelán que se iniciará coa cerimonia de apertura da Porta Santa, o 31 de decembro deste ano.

Relanzar o calendario de visitas da imaxe do Santiago Peregrino polas distintas parroquias da Arquidiocese foi un dos asuntos abordados polos membros desta comisión, como preparación espiritual dos diocesanos á celebración do Ano Santo. Tamén se estudou a distribución da “Guía Espiritual da Peregrinación a Santiago”, un libro recentemente editado pola citada comisión e polo Arcebispado, que será unha publicación de referencia para os peregrinos no seu camiño cara á Catedral compostelá, onde repousan os restos do Apóstolo Santiago. No encontro informouse tamén das actividades culturais previstas para o xa próximo Ano Santo Compostelán.

Os membros da Comisión Diocesana, ademais, coincidiron na oportunidade destas reunións, xa que así se favorece unha reflexión permanente sobre a marcha do Ano Xubilar.

Versión en castelán