A diocese celebrará tres encontros ecuménicos con motivo da Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns

Con motivo de comezar este venres día 18 a semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns, celebraranse na diocese tres encontros ecuménicos para rezar por esta intención. Serán tres celebracións da palabra ecuménicas con asistencia de ministros, pastores e fieis non católicos. As celebracións realizaranse en:

– Pontevedra o luns 21 ás 19:30h en san Bartolomeu.

– Na Coruña o encontro celebrarase en María Auxiliadora (Salesianos) o mércores 23 a partir das 20h.

– En Santiago será na capela das Orfas, o venres 25 ás 20h.

Foto de arquivo

Versión en castelán