A Diocese convoca aos mozos para participar nun Sínodo que terá lugar en febreiro, marzo e abril de 2020

  • Monseñor Barrio convocou este Sínodo Diocesano de Mozos que se desenvolverá ao longo de tres xornadas

A Delegación de Infancia e Mocidade nunha recente circular dirixida aos mozos lembra que “hai agora un ano clausurábase en Roma o Sínodo dos Bispos, cuxa temática foi: “Os mozos, a fe e o discernimento vocacional.” Non querendo desaproveitar esta ocasión e desexando que dito evento teña resonancia na nosa diocese, o noso Arcebispo convocou un Sínodo Diocesano de Mozos”

Na mesma comunicación, a delegación explica como poden participar os mozos nesta iniciativa.

 – Quen pode participar? Mozos de entre 16 e 29 anos, representantes dos arciprestados, congregacións, proxectos diocesanos e movementos xuvenís.

 – Como se escollen a eses mozos? Cada arcipreste ou responsable daranos os nomes dos dous mozos representantes da súa realidade pastoral. Escribindo a Javier García, delegado de Infancia e Mocidade.

 – Cando será? Serán tres xornadas de sábado, da mañá á tarde. Os días 29 de febreiro, 28 de marzo e 19 de abril.

 – En que consistirá? Neste proceso sinodal en tres sesións traballaremos tres verbos: recoñecer, interpretar e elixir; que marcaron o devir do pasado Sínodo celebrado en Roma.

Na circular indícase, tamén que “se es arcipreste, responsable dun movemento xuvenil, dun proxecto diocesano ou dunha congregación que traballe con mozos, pediriámosche que te puxeses canto antes en contacto connosco”, á vez que pide oracións para que este Sínodo axude “a renovar a nosa pastoral xuvenil diocesana”.

Versión en castelán