A Diocese de Santiago de Compostela, en Telegram

Os servizos de mensaxería instantánea, como Telegram ou WhatsApp, cada vez son máis utilizados para dar a coñecer información. Por este motivo, a Delegación de Medios da Arquidiocese de Santiago de Compostela pon en marcha unha nova canle de comunicación a través de Telegram, unha aplicación de mensaxería cun sistema gratuíto de notificacións coa que os usuarios poderán recibir as noticias máis destacadas da Igrexa diocesana.

¿Como darse de alta?

As persoas que non dispoñan aínda de Telegram, poden descargar a aplicación no dispositivo móbil gratuitamente desde Google Play para Android ou App Store para iOS
Unha vez instalada, pódese unir á canle @archicompostela de dúas maneiras:

1. Facendo click na seguinte ligazón poderase subscribir ao servizo de información da Diocese: https://t.me/archicompostela

2. Tamén se pode entrar na aplicación e ir á lupa que aparece na pantalla de inicio da app e escribir @archicompostela, buscar e unirse á canle.

Con esta nova ferramenta, en palabras do seu delegado, Manuel Á. Blanco, a Diocese aumenta a súa aposta informativa no ámbito dixital e pon ao servizo dos diocesanos unha nova vía de comunicación atendendo á actualidade e ás novas esixencias do mundo dixital.

Versión en castelán