A EDAP prepara a formación específica que se impartirá a partir do próximo curso

Este Luns Santo o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González, mantivo un encontro con membros da comisión da Escola Diocesana de Axentes de Pastoral (EDAP) e con responsables das distintas delegacións diocesanas, para avanzar na elaboración da formación específica que proporcionará a partir do próximo curso a Escola. En principio, os seis sectores pastorais sobre os que se prevé traballar son: a catequese, a pastoral da saúde, a liturxia e o canto, o voluntariado de Cáritas, a pastoral familiar e a comunicación.

Está previsto que os participantes na Escola teñan dezaseis xornadas de encontro e de traballo, pero só oito dedicaranse a esta formación específica.

O encontro tivo lugar na Casa Diocesana de Exercicios.

Versión en castelán