A Fundación Catedral de Santiago reúne as pezas do seu Museo en liña con Google Arts & Culture

Xa se pode ver na internet o máis relevante do Museo da Catedral de Santiago a través da plataforma de Google Arts & Culture. A páxina recolle 68 pezas do museo, incluídas páxinas do Códice Calixtino, obxectos do museo como a Cruz Compostelá ou o rosetón da fachada orixinal construída polo mestre Mateo, hoxe desaparecida. O tesouro catedralicio pódese ver en: https://artsandculture.google.com/partner/cathedral-of-santiago-de-compostela.

Visitas virtuais con Street View

Grazas aos mapas interiores de Street View, os internautas poderán percorrer e descubrir as diferentes salas do Museo Catedral de Santiago así como os segredos do Palacio de Gelmírez e o Museo da Colexiata do Sar.

Exposicións dixitais

Por último, desenvolvéronse catro historias interactivas, comisariadas por especialistas da Fundación, que permiten coñecer de preto os tesouros da Fundación:

  • Museo Catedral de Santiago, un percorrido polas pezas máis emblemáticas do museo que mostran as vivencias dun templo de máis de mil anos de historia.
  • Tapices de Goya, un percorrido polos 12 tapices catedralicios realizados a partir de cartóns de Francisco de Goya e capturados en super alta resolución.
  • Un mestre de nome Mateo, descobre a relevancia do Mestre Mateo quen, entre 1168 e 1211, desenvolveu un proxecto fundamental para a historia da catedral de Santiago.
  • O Camiño de Santiago, a lendaria orixe do Camiño de Santiago e as diferentes rutas utilizadas para chegar á tumba do Apóstolo.

Texto: Fundación catedral Santiago.

Versión en castelán