A xestión económica parroquial, tema para formación do clero

Este luns, día 10 de febreiro, proseguiron na Coruña as charlas da Formación Permanente do Clero, cunha intervención do ecónomo diocesano, Fernando Barros, quen falou aos sacerdotes que asistiron ao encontro, no Fogar de Santa Margarida sobre distintos asuntos de interese na xestión económica parroquial. Na sesión de traballo estaba presente o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González.

As seguintes charlas sobre esta materia terán lugar o 17 de febreiro en Santiago e o día 24 de febreiro en Pontevedra.

Versión en castelán