A Igrexa Diocesana de Santiago contará desde este próximo domingo con dous novos sacerdotes e tres diáconos

  • O arcebispo, monseñor Julián Barrio, presidirá a Eucaristía na Catedral a partir das 18.00 horas

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, presidirá este próximo domingo día 1 de xullo a solemne Eucaristía na que serán ordenados sacerdotes Sidónio José Alves De Sousa e Francisco Lampón Curra, e na que, ademais, recibirán o Diaconado os seminaristas Eduardo Amado Brea, Santiago Telmo Dopazo e Damián Vidal Bouzas. A cerimonia terá lugar a partir das 18:00 horas na Catedral compostelá. Ao longo destas últimas semanas, o Seminario Maior ha estado ultimando os preparativos das Sacras Ordes que terán lugar na Catedral.

Versión en castelán