A Igrexa Diocesana fai efectivas as súas achegas a Cáritas, Cociñas Económicas, Comedor Franciscano de Pontevedra e Residencia Padre Rubinos da Coruña por valor de 150.000 euros

O Arcebispado de Santiago de Compostela acaba de facer efectivas as súas achegas ás entidades de carácter social que traballan a prol dos máis vulnerables e desfavorecidos, unha medida necesaria sobre todo ante a situación provocada pola pandemia do coronavirus e a crise subseguinte. Un total de 150.000 euros que se distribúen así: a Cociña Económica de Santiago 20.000 euros; a Cociña Económica da Coruña 20.000 euros; Comedor franciscano, en Pontevedra 10.000 euros; Institución Benéfico Social Padre Rubinos, na Coruña 10.000 euros; e Cáritas Diocesana 90.000 euros.

Como se sabe, nos orzamentos diocesanos, a atención ás necesidades sociais e pastorais constitúe unha prioridade. E para iso son necesarias as achegas dos fieis, que se poden realizar a través da parroquia ou da Administración diocesana en nº de conta: ES38 2080 3561 9330 4000 3487 de ABANCA, ou no portal www.donoamiiglesia.es tratando de aliviar as consecuencias xeradas pola pandemia.

 

Versión en castelán