A Igrexa diocesana ofrecerá este venres unha “cariñosa despedida” ao ata o de agora bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández

  • Unha Eucaristía en San Martín Pinario, un acto homenaxe e unha comida de confraternidade serán os actos que se celebrarán con limitación de aforo

O vindeiro venres día 3 de xullo, a Arquidiocese compostelá ofrecerá “unha cariñosa despedida” ao bispo electo de Astorga, monseñor Jesús Fernández González, que desde o ano 2014 fora bispo auxiliar de Santiago de Compostela. O primeiro dos actos será unha Eucaristía presidida polo arcebispo, monseñor Julián Barrio, que terá lugar ás 12:00 horas na Igrexa de San Martín Pinario. A continuación, desenvolverase un acto homenaxe no salón de actos do Instituto Teolóxico Compostelán (ITC). Por último haberá unha comida de confraternidade na hospedería de San Martín Pinario.

Aínda que toda a Igrexa diocesana pódese unir espiritualmente a esta despedida, debido ás restricións de aforo como consecuencia da situación provocada polo Covid 19, haberá limitación presencial de asistentes. De feito só asistirán dous representantes por arciprestado, os responsables das Delegacións diocesanos, vigairos e responsables de institucións e organismos diocesanos.

Versión en castelán