A Orde de Malta colaborará na acollida aos peregrinos que chegan á Catedral de Santiago

Esta mañá, o Arcebispo de Santiago, D. Julián Barrio e o presidente da Orde de Malta , D. Ramón Álvarez de Toledo e Álvarez Builla, asinaron un acordo de colaboración polo que a Orde de Malta prestará servizos voluntarios de acollida ao peregrino no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, durante a época estival, de maior afluencia de camiñantes. Os membros da Orde recibirán un curso de preparación nos próximos días. Colaborarán na atención e acollida, así como na prestación de servizos sanitarios básicos.

Fonte: Catedral do Santiago

Versión en castelán