A Pastoral Universitaria bótase ás redes

A Delegación de Pastoral Universitaria comezou este novo ano con forza. Desde comezos deste curso 2017-2018, penetrouse no mundo dixital cunha nova web:www.dpusantiago.com. Alí, os universitarios poderán atopar as últimas novidades da vida pastoral universitaria da nosa Diocese Compostelá como a Peregrinación a Terra Santa do verán, o grupo Pedras Vivas ou os Días Inquietos.

Ademais de estrear web, a Delegación celebrará a festividade de san Tomé de Aquino, patrón da Universidade, nas tres cidades universitarias da nosa Diocese: o luns na Colexiata de Santa María de A Coruña; o mércores na Catedral de Santiago, presidida polo noso Arcebispo D. Julián Barrio; e, finalmente, o xoves no Santuario da Peregrina de Pontevedra co noso Bispo Auxiliar, D. Jesús Fernández. Nas tres cidades, a Eucaristía dará comezo ás 20:30 h.

Versión en castelán