A restauración do Pórtico da Gloria recibe o galardón de Conservación do Premio de Patrimonio Europeo / Premio Europa Nostra 2019

Os gañadores dos Premios de Patrimonio Europeo/Premios Europa Nostra 2019, o premio europeo máis prestixioso no campo do patrimonio, fundado polo Programa “Creative”Europe , foron anunciados hoxe pola Comisión Europea e Europa Nostra. Os 25 galardoados pertencentes a 16 países foron recompensados polos seus exemplares logros nas categorías de conservación, investigación, dedicación especial ao Patrimonio e educación, formación e sensibilización. O extraordinario proxecto de conservación preventiva e restauración do Pórtico da Gloria e a súa contorna na Catedral de Santiago de Compostela é un dos proxectos galardoados na categoría de Conservación. Foi realizado co mecenado da Fundación Barrié.

Os premios serán entregados nunha solemne Cerimonia dos Premios de Patrimonio Europeo que se celebrará o 29 de outubro en París, durante o Congreso de Patrimonio Europeo.

Máis información:

Versión en castelán