A Revista Diocesana «Barca de Santiago» estrea páxina web

A nova páxina web da Revista Diocesana «Barca de Santiago» xa está dispoñible na dirección: http://www.barcadesantiago.es/

Este novo espazo é un complemento á versión en PDF desta Revista e supón un avance á hora de difundir e dar a coñecer a realidade diocesana, xa que as principais vantaxes de que «Barca de Santiago» estea na internet son:

  • Os artigos e os autores aparecen nos buscadores
  • Pódese ler moi facilmente desde os dispositivos móbiles pola súa adaptabilidade.
  • Pódese acceder aos contidos en calquera momento e en calquera parte do mundo
  • Pode posuír un «contido extra» con respecto á versión en PDF: incorporación de vídeos, música, links, animacións, arquivos descargables, etc.
  • Pódense recomendar os artigos a través das redes sociais, favorecendo aínda máis a difusión do contido.
  • Artigos facilmente organizados en números e temas.
  • Rápido acceso a exemplares atrasados.
  • Etc

Desde o punto de vista da estrutura, destaca a existencia dun gran banner central composto por todos os artigos publicados en cada número, favorecendo así un rápido acceso aos mesmos e unha visión xeral de cada exemplar.

Así mesmo, na columna lateral dereita sitúanse os apartados dos números (por cores) e o número de artigos, de tal forma que o lector ten nun só click todos os artigos dunha mesma temática, pero publicados en varios números.

Ademais, nesta mesma columna existen ligazóns para poder descargar os números en formato PDF, ligazóns ás webs máis destacadas, etc.

Con este novo espazo web, a Arquidiocese compostelá, aposta unha vez máis polo presente da comunicación e as novas tecnoloxías aplicadas á Igrexa e á Evangelización.

Versión en castelán