Laicos 3.0

Os laicos da nosa Arquidiocese de Santiago de Compostela xa teñen un espazo na web personalizado para eles. Desde agora, a Delegación de Apostolado Seglar conta cunha web na que poderás atopar toda a información referente aos grupos e movementos da Diocese: www.laicosarchicompostela.com

Se es laico, leste é un espazo pensado principalmente para ti, para que poidas coñecer de primeira man toda a oferta formativa e espiritual da nosa Diocese. Ademais, desde a Delegación tamén queremos achegar outras actividades e proxectos que se están realizando noutras zonas de España e que poden axudarche a seguir crecendo na fe.

Se es responsable ou membro dalgún grupo ou movemento da nosa Diocese, está web é un portal informativo polo que lanzar todas e cada unha das actividades que desenvolvedes ao longo do curso. Por iso, se tes algún proxecto para o verán ou para o curso que vén, non dubides en poñerche en contacto coa delegación escribindo ao correo electrónico: info@laicosarchicompostela.org

Versión en castelán