As reliquias de Santa Bernadette Soubirous visitan A Coruña, Santiago e Pontevedra os días 13 e 14 de setembro

  • Na compostelá parroquia de San Fernando mañá, día 11 de setembro, proxectarase unha película sobre a santa de Lourdes a partir das 20:30 horas
  • O arcebispo, monseñor Barrio, e o seu bispo auxiliar presidirán as Eucaristías nas tres vigairías

As reliquias de Santa Bernardita Soubirous visitan a nosa Arquidiocese do 13 ao 14 deste mes. Mañá mércores día 11 de setembro, na parroquia compostelá de San Fernando proxectarase unha película sobre a santa de Lourdes, a partir das 20:30 horas, como acto previo á recepción das reliquias, este sábado día 14 a partir das 10:00 horas. Desde o día 5 está a celebrarse unha novena neste templo santiagués. A película tamén se proxecta hoxe en Pontevedra, a partir das 19:30 horas no Colexio Calasancias.

Actos na Vigairía de Santiago

Na Vigairía de Santiago, a parroquia de San Fernando acolle unha novena con rosario desde o día 5 ao 13 de setembro, ás 19:30 horas. Para mañá día 11 está prevista a emisión dunha película sobre a vida de Santa Bernardiña, a partir das 20:30 horas. E para o día 14 de setembro está prevista a recepción das reliquias a partir das 10:00 horas. A charla de “A María por Bernadette” será ás 10:30 horas e a continuación haberá Exposición do Santísimo. Ás 13:00 horas dará comezo a Santa Misa, que presidirá o arcebispo, monseñor Julián Barrio.

Ese mesmo día, as reliquias trasladaranse á parroquia de Santa María de Lestedo, onde ás 16:30 horas haberá un acto de recepción e acollida e a partir das 17:00 horas un acto de veneración. A despedida das reliquias realizarase ás 18.15 horas.

Actos na Vigairía da Coruña

Os actos para desenvolver na Vigairía da Coruña terán lugar na parroquia de San Xurxo, a partir das 12:00 horas do día 13 de setembro, coa recepción e acto de acollida das reliquias. Haberá un rosario meditado ás 12:30 horas e Exposición do Santísimo ás 13:00 horas. Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas celebrarase unha charla a cargo de Javier Ozores, hospitalario e formador da Hospitalidade de Lourdes, quen falará sobre “A María por Bernadette”. Ás 18: 30 horas rezarase un Vía Crucis e ás 20:00 horas celebrarase a Eucaristía, que presidirá o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández González. Ao acabar, ás 21:00 horas desenvolverase unha procesión de fachos.

Actos na Vigairía de Pontevedra

Os actos na Vigairía de Pontevedra desenvolveranse no Colexio Calasancias, onde hoxe día 10 de setembro proxectarase a película sobre a vida de Santa Bernadette ás 19:30 horas; na parroquia de San Bartolomeou, onde o día 12 terá lugar a charla de Javier Ozores, hospitalario e formador da Hospitalidade de Lourdes, quen falará sobre “A María por Bernadette”, a partir das 19:30 horas; e na parroquia de Santa María a Maior, onde o día 14 de setembro, a partir das 19:30 horas, farase a acollida das reliquias, cunha Eucaristía ás 20:00 horas que presidirá o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández, así como unha vixilia de oración a partir das 21:30 horas.

Todos os actos realízanse en colaboración coa Hospitalidade Diocesana de Lourdes, as Confrarías Penitenciais, a Adoración Perpetua, Adoración Nocturna, Pastoral da Saúde, Pastoral Xuvenil, a Confraría do Rosario, a Confraría do Carmen e Mensaxeiros do Camiño de Fátima.

Versión en castelán