Lema e escudo

escudo_DJ

Confiado en tu Palabra, Señor

Máis que un escudo segundo as normas tradicionais da heráldica, pretende transmitir unha idea exclusivamente eclesial. No cuartel en azur unha barca da que pende unha rede; unha estrela co anagrama de María, Nai de Deus e da Igrexa, lanza a súa luz en prata iluminándoa. O lema explica o simbolismo do escudo: In verbo tuo, Dómine, “Confiado na túa Palabra, Señor”. Cobre o escudo o timbre propio dos Arcebispos Metropolitanos: Capelo verde con dez borlas caendo a cada lado e a Cruz de dobre brazo horizontal. A barca sempre simbolizou á Igrexa na súa camiñar pola historia azoutada polos ventos, símbolo das correntes contrarias a ela e ao Reino de Deus. Pero ela marcha confiada unicamente na Palabra de Deus, evocando a escena que nos conta San Lucas no capítulo 5 versículos 1 ao 11 do seu evanxeo..