Libro da celebración da Clausura do Sínodo Diocesano

O vindeiro sábado, 29 de abril, ás 12:00 horas, terá lugar na Catedral de Santiago un dos acontecementos diocesanos máis importantes dos últimos anos, A CLAUSURA DO SÍNODO DIOCESANO.

Con tal motivo, desde o Secretariado Diocesano de Música Sacra queremos propiciar que este acontecemento sexa unha verdadeira festa diocesana, por iso CONVIDAMOS a participar no “Coro Diocesano” a todas as persoas da diocese que queiran formar parte desta interesante experiencia musical.

Os requisitos son:

1. Ter ganas de cantar
2. Non desafinar (moito)
3. Cubrir o  formulario de inscrición picando AQUÍ.

Teremos un só ensaio ese mesmo SÁBADO, 29 ás 10:30 horas, no Seminario Maior. Pero lembrade, é imprescindible inscribirse para poder ter un sitio reservado.

O repertorio será o seguinte (podes escoitar os cantos facendo clic sobre o título):

Procesión de entrada: Aclamade o Señor (M. Cela)
Se queres máis información podes escribir a music aarchicompostela@gmail.com

 

Versión en castelán