Mércores de Cinza na Catedral, presidido polo arcebispo monseñor Barrio

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, presidirá mañá día 1 de marzo, Mércores de Cinza, a Misa Estacional na Catedral de Santiago, a partir das 19:30 horas, na que se impoñerá a cinza aos fieis, celebración coa que se inicia o tempo litúrxico de Coresma. O arcebispo acaba de publicar unha carta pastoral para este tempo na que indica que “a campá da Coresma toca para chamarnos a reflexionar sobre as nosas relacións con Deus, coa nosa familia, cos que estamos no noso traballo, coas persoas necesitadas, a conformar as nosas actitudes coa misericordia de Deus, lembrando que a historia de Deus connosco é unha historia de misericordia, e a vernos como o Señor, rostro da misericordia de Deus, venos”. Monseñor Barrio lembra, ademais, que este é “un tempo propicio para intensificar a vida do espírito a través dos medios santos que a Igrexa nos ofrece: o xaxún, a oración e a esmola”. O Mércores de Cinza é un día de xaxún e abstinencia.

 

Versión en castelán