Misa Estacional da Solemnidade do Apóstolo Santiago

Xoves 25 de xullo de 2019

Igrexa de San Martiño Pinario

9:45 h: O Excmo. Cabido recibe na porta de San Martiño Pinario ao Excmo. Sr. Arcebispo e ao seu séquito, e acompáñanos ata a sancristía para revestirse.

Disponse a procesión na sancristía de San Martiño Pinario, pola seguinte orde:

Pincerna.

Incensario e naveta.

Cruz e ciriales.

Estandarte da Archiconfradía do Apóstolo Santiago.

Imaxe relicario do Apóstolo Santiago o Maior, escoltado polas Ordes Militares.

Diácono co Evanxeliario.

Sacerdotes concelebrantes.

Srs. Bispos concelebrantes.

Srs. Arcebispos concelebrantes.

Excmo. Sr. Arcebispo.

10:20 h: iníciase a procesión pola nave lateral dereita, cara á porta principal da igrexa San Martiño Pinario, e alí detéñense á espera da chegada das autoridades principais e do Excmo. Sr. Delegado Rexio.

Pola súa banda, na Praza do Obradoiro, terminada a parada militar, as autoridades principais e o Excmo. Sr. Delegado Rexio, escoltados polos maceiros e a banda municipal, encamíñanse cara á praza de San Martiño e acceden á igrexa de San Martiño Pinario polas escaleiras da fachada principal. Á súa chegada son recibidos polo Excmo. Sr. Arcebispo e a Comisión Capitular no interior da porta principal da igrexa.

O coro inicia o canto de entrada e a procesión encamíñase cara ao Altar Maior.

Ao chegar á altura do transepto, os portadores da imaxe do Apóstolo Santiago o Maior sitúana á beira esquerda do altar na mesa preparada para o efecto. Os compoñentes da procesión, de dous en dous, fan inclinación antes de subir as bancadas do presbiterio, bican o altar e diríxense aos lugares reservados para eles. As autoridades e o Excmo. Sr. Delegado Rexio, acompañados pola Comisión Capitular, ocupan as cadeiras preparadas para eles. Bicado o altar, o Excmo. Sr. Arcebispo, recibe o incensario e, acompañado do Diácono, incensa a cruz, o altar e a imaxe do Apóstolo Santiago.

Cando o Excmo. Sr. Arcebispo se situa na Sede comeza a MISA ESTACIONAL na SOLEMNIDADE DO APÓSTOLO SANTIAGO O MAIOR, conforme ao seguinte esquema:

No nome do Pai…

A paz está convosco…

Monición e anuncio da bendición apostólica.

Acto penitencial, con conclusión solemne.

Kirie eleison (Coro).

Gloria (Coro).

Oración rezada.

 

Liturxia da Palabra

Monición.

Lecturas da festa do Apóstolo Santiago:

  • 1ª lectura: Feit 4, 33; 5, 12. 27-33; 12, 2. O rei Herodes fixo pasar a coitelo a Santiago.
  • Salmo responsorial (Cantor) Sal 66. Oh Deus, que te loen os pobos, que todos os pobos te loen. (En galego).
  • 2ª lectura: 2Co 4, 7-15. Levamos no corpo a morte de Xsús. (En galego).
  • Aclamación: Aleluia gregoriano e Motete xacobeo.
  • Evanxeo: Mt 20, 20-28. O meu cáliz beberédelo.
  • Final do Aleluia. Mentres, o Sr. Arcebispo dá a bendición co Evanxeliario.

Seguidamente, o Delegado Rexio, acompañado pola Comisión Capitular, desde o mesmo lugar en que está situado, comeza a súa InvocaciónOfrenda, á que responde inmediatamente o Sr. Arcebispo coa súa Resposta-Homilía. Todos se manteñen de pé durante a invocación do Oferente e sentados durante a Homilía.

Monición.

Credo.

 

Liturxia Eucarística

Presentación das ofrendas (canto do Coro).

Incensación: despois de incensar ao Sr. Arcebispo, o diácono inciensa ao Excmo. Delegado Rexio, aos concelebrantes e ao pobo.

Prefacio da festa de Santiago e canto do “Sanctus”.

Pregaria Eucarística.

 

Rito da Comuñón

Pai noso.

A Paz: o diácono dá a bicar o Portapaz ao Excmo. Sr. Arcebispo e ao Excmo. Sr. Delegado Rexio.

Canto do “Agnus Dei”.

Comuñón (Cantos).

Oración despois da Comuñón.

Himno ao Apóstolo Santiago o Maior: mentres tanto o Excmo. Sr. Arcebispo, acompañado do Diácono, inciensa a imaxe do Apóstolo.

Monición e anuncio da Bendición Apostólica.

Bendición Apostólica do Sr. Arcebispo.

O diácono despide a asemblea coas palabras: “Podedes ir en paz”.

Canto final.

O Pincerna abre o Cortexo Litúrxico, pola mesma orde que na procesión de entrada, e o Excmo. Sr. Delegado Rexio e as autoridades principais en último lugar, acompañados pola Comisión Capitular. Ao chegar á porta, o Excmo. Sr. Arcebispo despide ao Excmo. Sr. Delegado Rexio e ás autoridades, e encamíñase á sancristía pola nave lateral da dereita, para finalizar a celebración.

 

Repertorio musical

– Canto de entrada: Astro refulxente

– KYRIE e GLORIA da Misa Xubilar de Ignacio Prieto

– “ALLELUIA” gregoriano e “Iocumdetur et laetetur” do Códice calixtino.

– Ofertorio : Sicut cervus, de Palestrina

– “SANCTUS” da Misa Xubilar de Ignacio Prieto

– “AGNUS DEI” da Misa Xubilar de Ignacio Prieto

– Comuñón: Ego sum panis vivus. De J. Alhe

– Final: Antífona “Ou beato Iacobe”

Coro: CAPELA MUSICAL DO S. A. M. I. CATEDRAL DE SANTIAGO

Solista: JOSÉ LUIS VÁZQUEZ LÓPEZ

Organistas: MANUEL CELA / ADRIÁN REGUEIRO

Director: MIRO MOREIRA

Guión litúrxico preparado polo M. I. Sr. Don Elisardo Temperán Villaverde, Prefecto de Cerimonias da Catedral

Monitor: M.I. Sr. Don José Fernández Lago, Cóengo Lectoral

Oferente: Excmo. Sr. Don Xosé A. Sánchez Bugallo

Comisión do Cabido que acompaña ao Oferente:

M. I. Sr. Don Luís Otero Outes

M. I. Sr. Don Daniel Carlos Lorenzo Santos

Preside a celebración o Arcebispo de Santiago, Excmo. e Rvdmo. Sr. Don Julián Barrio Barrio.

Participan tamén Cabaleiros das Ordes Militares de Santiago, Malta, Calatrava, Montesa e Alcántara.

 

MISAS NA FESTIVIDADE DE SANTIAGO APÓSTOLO

Tarde do 24 de xullo, San Martiño Pinario. Véspera da Festividade

20:00h. Solemnes Vésperas, presididas polo Arcebispo. Capela Musical da Catedral de Santiago

 

25 de xullo, Solemnidade do Apóstolo Santiago

10.30 h. MISA ESTACIONAL – Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, presidida polo Arcebispo. En San Martiño Pinario

 

Outras misas

Na igrexa do San Francisco:

10:30 h.: Misa do Peregrino

12:00 h.: Misa do Peregrino

13:00 h.: Misa do Peregrino

20:00 h.: Misa do Peregrino

 

Na Igrexa de Santa María Salomé:

9:00 h.: Misa do Peregrino

10:00 h.: Misa do Peregrino

12:00 h.: Misa do Peregrino

13:00 h.: Misa do Peregrino

18:00 h.: Misa do Peregrino

19:00 h.: Misa do Peregrino

 

Na Igrexa do San Fiz de Solovio:

19:00 h.: Misa do Peregrino

Versión en castelán