Mons. Barrio asiste á ordenación do bispo de Ávila

O arcebispo de Santiago, mon. Julián Barrio, asistiu este sábado á toma de posesión de mons. José María Gil Tamayo como novo bispo de Ávila. Á solemne celebración, na catedral do Salvador, asistiron 68 prelados. Escolleu como lema episcopal “Non vin a ser servido, senón a servir”. Lema ao que se referiu na súa homilía o cardeal Ricardo Blázquez para lembrar que o pastor debe ser compasivo e exercer a misericordia, debe achegarse aos marxinados e indefensos, aos pobres e enfermos, aos oprimidos e feridos polo peso da vida como un bo samaritano.

Versión en castelán