Mons. Barrio completa a visita á parroquia de Santa María e Santiago da Coruña

O arcebispo de Santiago completou esta mañá a visita pastoral que realizou á parroquia coruñesa de Santa María e Santiago, do arciprestazgo de Faro, o pasado 20 de outubro. Mons. Julián Barrio iniciou o programa cunha visita ao colexio dos pais dominicos, no que se educaron xeracións de coruñeses desde fai xa máis de medio século. O arcebispo reuniuse no salón de actos coa maior parte dos alumnos do colexio. En primeiro lugar, cos alumnos de Bacharelato e cuarto curso da ESO. Nunha segunda quenda, compartiu un momento entrañable cos escolares de cuarto, quinto e sexto de Primaria.

Mons. Barrio visitou tamén a sede da Real Academia Galega, situada en cálea Tabernas nº 11 da cidade herculina, nun palacete que foi a casa de Emilia Pardo Bazán. O arcebispo compostelán foi recibido polo actual presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, e asinou no libro de visitas.

O último acto deste reencontro coa parroquia de Santa María e Santiago, que atende pastoralmente o sacerdote diocesano Andrés García Vilariño, foi unha visita de cortesía ao Reitor da Universidade da Coruña, Xullo Abalde Alonso, con quen departiu no seu despacho.

Versión en castelán