Mons Barrio cos sacerdotes novos da diocese

Como cada ano por estas datas do Nadal, o arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, tivo un encontro de fraternidade cos sacerdotes máis novos da diocese. Nesta ocasión acudiu á convocatoria un grupo de 25 sacerdotes. O encontro iniciouse cunha visita ao Pórtico da Gloria guiada polo cóengo Daniel Lorenzo. Seguidamente os sacerdotes trasladáronse ao Seminario Maior, onde mantiveron un faladoiro co Arcebispo, quen lles agradeceu o seu compromiso e animounos a implicarse na renovación pastoral da Diocese. O encontro finalizou cunha comida de confraternización no propio Seminario.

Versión en castelán