Mons. Barrio convida a “transmitir a alegría do Evanxeo” no día do Apóstolo Santiago

  • Lembra con agradecemento a fe recibida a través do Apóstolo, que impregnou de valores a cultura e conduce á entrega aos demais.

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu hoxe, Solemnidade do Apóstolo Santiago, a Eucaristía na catedral de Compostela. Na súa homilía lembrou a actualidade do testemuño cristián, tarefa herdada do Apóstolo: “moitas persoas buscan a verdade e isto confirma a nosa misión”. O prelado compostelán recoñece “o cambio cultural que está a xerar a descristianización e a deterioración da vida persoal, familiar e social”, pero anima con gran esperanza a manifestar “a identidade cristiá con humildade, coherencia e responsabilidade”, retomando os valores do Evanxeo que o Patrón de España asociou á nosa historia. Mons. Barrio recoñece a liberación que supón a mensaxe cristiá, o cal permite ser “dono e non escravo das cousas deste mundo” e brindarse ao “amor e á fraternidade”.

 

Versión en castelán