Mons. Barrio ordena un novo diácono permanente

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, ordenou este mércores 26 de decembro, diácono permanente a Arturo Alfonso Martínez Calvete. A ordenación coincidiu coa festa litúrxica de santo Estevo, primeiro diácono e primeiro mártir da Igrexa. A ordenación celebrouse na Colexiata de Santa María do Campo de A Coruña. O novo diácono permanente ten 57 anos, está casado e ten dous fillos. Exerce o seu traballo civil á fronte dunha empresa de fabricación de elementos mecánicos. Está a realizar diversos labores pastorais nas parroquias de Ledoño, Celas, Veiga, Sigrás e Anceis. Tamén colabora no equipo de pastoral da saúde que atende o Hospital Modelo de A Coruña e o Fogar Sor Eusebia.

 

Versión en castelán