Mons Barrio preside o funeral por Manuel Xesto

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, presidiu esta tarde o funeral polo cóengo emérito da catedral compostelá, Manuel Xesto. Na súa homilía, mons. Barrio destacou o amor do falecido á Igrexa e a súa permanente vocación de servizo, primeiro en varias parroquias da arquidiocese e logo como organista da catedral e profesor de música en varios centros educativos de Santiago.

As palabras de mons. Barrio foron un canto á esperanza cristiá na infinita bondade de Deus, “que non nos abandona máis aló da morte”. Tamén asegurou que “quen sabe dar razón da morte e dar amor aos mortos, sabe dar razón da vida e amar aos vivos”. Desde esa esperanza na vida eterna, lembrou que para o cristián “a morte é sempre un sobresalto, pero non unha caída no baleiro, pois a vontade do que enviou a Jesús é que non perda nada do que se lle deu senón que o resucite no último día”.

Finalizou agradecendo a vida de entrega de don Manuel Xesto, a quen encomendou “ á misericordia de Deus para que as fraxilidades propias do noso peregrinar neste mundo non lle impediran sentar xa na mesa do Reino”.

Versión en castelán