Mons. Barrio preside a doazón da reliquia da Santa Espiña

O arcebispo de Santiago presidiu na  capela do Rosario de San Domingos de Bonaval o acto de doazón da reliquia da Santa Espiña á Confraría do Rosario. Unha institución histórica, fundada no s. XV e que na actualidade conta cuns 150 confrades. A reliquia era propiedade da familia de Carmen Carrión, que foi confrade durante moitos anos. Ao acto asistiu tamén o consiliario da Xunta de Confrarías de Santiago e chanceler secretario do arcebispado compostelán Elisardo Temperán.

Versión en castelán