Mons. Barrio preside a festividade de S. Francisco de Asís

  • “Non podemos dicir que amamos a Deus se non amamos aos demais.
  • “O recoñecemento de Deus como sumo ben esixe ao home abandonar o espírito de posesión e dominio e adoptar a actitude de discernimiento, que é a verdadeira base da liberdade dos fillos de Deus.

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, presidiu este xoves a eucaristía na festividade do santo de Asís na Igrexa conventual dos franciscanos de Santiago de Compostela. Na súa homilía, mons. Barrio lembrou que Francisco de Asís “descubriu a tolemia da cruz” de Cristo “namorándose dela”. Seguindo a senda marcada por el, o arcebispo compostelán asegurou que “se queremos acceder ao que é o escintileo de Deus habemos de ir por diante coa nosa obediencia e tamén coa nosa dispoñibilidade”.

Mons. Barrio recoñeceu que “para falar de san Francisco de Asís hai que ser franciscano de espírito”. Pero sen selo, é fácil descubrir que “a sabedoría de Francisco de Asís é o Evanxeo. A través do Evanxeo é o Altísimo en persoa quen lle fala”.

O arcebispo compostelán lembrou as palabras de Ernest Renán, para quen “despois de Jesús Francisco foi o único cristián perfecto, un espello perfecto de Xesucristo”. Espello que deberiamos ser tamén nós “no medio dunha cultura tan secularizada e paganizada como a nosa”.

Mons. Barrio lembrou que “o descubrimento da paternidade de Deus lévanos á fraternidade universal”. Non podemos dicir que Deus é pai se non nos recoñecemos nós como irmáns. De aí a importancia que Francisco de Asís deulle á fraternidade. E o seu descubrimento da urxencia da evangelización dos pobres. “Cando máis radicais seguidores sexamos de Cristo máis sentiremos a necesidade de evangelizar a todos, pero de maneira especial aos pobres.

Francisco foi un gran renovador da Igrexa. E o foi, engadiu o arcebispo compostelán, “porque foi o home fiel á Igrexa. O carisma franciscano constitúe unha suma dos valores fundamentais, como son o seguimento de Cristo, a contemplación, a fraternidade, a pobreza, o amor á natureza, a sinxeleza e a alegría”. O pobrecillo de Asís, continuou mons. Barrio, “segue sendo un raio luminoso de esperanza para que, a través do Evanxeo, a conformación con Cristo e o seu seguimento radical, podamos penetrarnos no misterio mesmo de Deus revelado en Cristo”.

Versión en castelán