Mons Barrio preside unha xornada de confraternidade no centro Vieiro de Cáritas

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio presidiu este sábado unha xornada de traballo e confraternidade no Centro Vieiro con motivo da Campaña Persoas sen Fogar. Nela participaron máis de medio centenar de participantes, técnicos e voluntarios de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. O Centro abriu as súas portas como un día máis, ás oito da mañá. Nesta ocasión para  traballar sobre as propostas da Confederación en base a un diálogo sobre diversos puntos como a participación activa, a responsabilidade política compartida de todos os axentes sociais e mesmo algunhas propostas concretas sobre a organización e as actividades do propio centro. Un traballo de participación que foi conducido por Íñigo Arranz, responsable do programa diocesano de Persoas sen Fogar.

O Manifesto

A segunda parte do acto contou coa presenza do arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, que estivo acompañado polo delegado episcopal, Jesús García Vázquez e polo director diocesano, José Anuncio Mouriño.

As palabras de benvida e agradecemento correron a cargo de Patricia Camiña, coordinadora do centro Vieiro. Seguidamente deuse lectura ao Manifesto xeneral da Campaña. O texto incide nunhas políticas sociais máis centradas nas persoas, os seus dereitos e as súas necesidades particulares. Tamén se fixo fincapé na necesidade de recuperar o sentido social da vivenda, rexeitando o seu uso mercantilista e a favor do seu sentido de ben común. Para posibilitar o acceso a este dereito básico dun fogar digno, recalcouse a necesidade de axilizar os trámites burocráticos, acurtando os prazos e diluíndo os filtros para as persoas sen fogar. Por último, insístese nunha Renda Básica de Cidadanía ou unhas contías suficientes nas axudas e prestacións para garantir o acceso real a unha vivenda, regulando tamén os prezos sociais no mercado de aluguer. Tamén se recalcou a necesidade de axilizar os trámites burocráticos, acurtando os prazos e diluíndo os filtros para as persoas sen fogar. Por último, insistiuse nunha Renda Básica de Cidadanía ou unhas contías suficientes nas axudas e prestacións para garantir o acceso real a unha vivenda, regulando tamén os prezos sociais no mercado de aluguer.

Pola súa banda mons. Julián Barrio agradeceu a presenza e o bo facer de todas as persoas participantes. Recalcou a dignidade de todas e cada unha das persoas como fillas de Deus e animou a construír un novo marco de relacións no que “ninguén é tan pobre que non poida ofrecer algo, nin tan rico que non necesite axuda”. Por medio dese diálogo fecundo todos vémonos reflectidos no espello das necesidades e das potencialidades dos demais e enriquecémonos mutuamente.

Versión en castelán