Mons. Barrio presidiu na igrexa conventual das MM. Carmelitas a Misa na Xornada da Vida Consagrada

Esta tarde, o Sr. Arcebispo presidiu na igrexa conventual das MM. Carmelitas de Santiago, a Misa na Xornada da Vida Consagrada. Nunha igrexa chea de consagrados e consagradas, elevouse unha acción de grazas especial pola declaración de Venerable da M. María Antonia de Jesús. Antes da celebración eucarística, o P. Postulador Xeral da Orde Carmelita Descalza ofreceu unha conferencia sobre a fundadora deste Carmelo santiagués.

O Sr. Arcebispo presidiu o rezo das Vésperas e, a continuación, a Eucaristía, que comezou coa lectura do Decreto da Declaración de Venerable. O Sr. Arcebispo na homilía dicíalles aos consagrados que son “presenza do amor de Deus, que sempre é fecundo máis aló da eficiencia e da eficacia que ás veces buscamos”. En referencia ao Venerable M. María Antonia de Jesús, lembrou o que ela dicía “todo o vence o amor de Deus”. Desta maneira, converteuse nun “testemuño dos valores do espírito e da dimensión transcendente da persoa no medio do racionalismo do Século da Luces”.

Antes de finalizar a Eucaristía, bendíxose un cadro da fundadora do Carmelo que foi colocado encima da urna que garda os seus restos mortais. Hai que destacar unha presenza numerosa dos fregueses de Cuntis, que presididos polo seu párroco, uníronse a esta celebración festiva en honra da “Monxa do Penedo”.

Versión en castelán