Mons. Barrio presidiu no Seminario Maior a eucaristía por san Martín

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, presidiu este sábado a Misa Solemne de san Martín no Seminario Maior, institución da que o santo francés é patrón. Na súa homilía, mons Barrio destacou as virtudes de san Martín, ao que presentou como exemplo de home de oración e de evangelización, preocupado polos máis pobres. Concelebró o bispo auxiliar, mons. Jesús Fernández.

A festividade de san Martín tivo como prolegómeno o venres o rezo das primeiras Vésperas Solemnes e a exposición do Santísimo na capela do seminario maior.

Versión en castelán