Mons Barrio publica carta pastoral con motivo do Advento

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, acaba de publicar unha carta pastoral, “Acordádevos dos pobres”, con motivo do inicio do Advento este próximo domingo. Na súa nova mensaxe lembra que o Advento é froito do inmenso amor de Deus cara á Humanidade, un amor tan grande que nos enviou ao seu Fillo para salvarnos. O Advento convídanos a ir ao encontro do Señor, “pero só poderemos atopalo se nos poñemos en camiño, saíndo de nós mesmos”.

Na súa carta mons. Barrio analiza o significado do inminente Nadal. Un período cuxo significado só pode entender quen percibe a necesidade de ser salvado e acompañado por Deus. En Nadal celebramos o Don que é Xesucristo, Deus feito home, e celebramos tamén “o nacemento de Deus en nós”. Esta certeza obríganos a ser “repartidores de esperanza aos nenos, aos mozos, aos adultos e aos anciáns. Pódese vivir sen case nada, pero non se pode vivir sen esperanza cristiá”. E obríganos a ter moi presentes aos pobres. “Con elas habemos de vivir o espírito do Nadal, ofrecéndolles nosa colaboración económica e levándolles a Luz que brillou en Belén”.

Versión en castelán