Mons. Barrio publica unha carta pastoral polo Día da Igrexa Diocesana

Con motivo da celebración da Igrexa Diocesana o domingo 11 de novembro, o arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, publica unha carta pastoral na que lembra aos laicos o seu deber de cultivar “sen cesar a conciencia de pertencer á diocese, estando sempre dispostos a achegar a súa contribución aos proxectos diocesanos, seguindo a invitación do seu pastor”.

O lema elixido este ano é “Somos unha gran familia”. A idea que se quere transmitir é que na Igrexa todos son necesarios “e se ti faltas notámolo”. Na nova pastoral, o arcebispo insiste en que “os sacerdotes, os membros da Vida Consagrada e os laicos, formamos unha gran familia para construír e edificar xuntos o Reino de Deus e traballar polo ben da Diocese, sentíndonos afectados pola dor do que sofre”.

Versión en castelán