Mons. Barrio realiza visita pastoral a san Pedro de Mezonzo

O arcebispo de Santiago realizou este domingo visita pastoral á parroquia coruñesa de san Pedro de Mezonzo, no Arciprestazgo de Catro Camiños. O intenso programa comezou ás 11’30 da mañá cunha misa parroquial de catequese con nenos, pais e fregueses en xeral. Unha hora máis tarde mons. Julián Barrio mantivo un encontro con nenos e novos. O arcebispo compostelán respondeu as preguntas que lle formularon e que previamente prepararan cos seus catequistas. Ás 13’15h o arcebispo reuniuse cos colaboradores parroquiais e coñeceu de primeira man os seus traballos, inquietudes e problemas. Ás dúas da tarde comeu con eles nos locais da parroquia. Mons. Barrio terminou a visita pastoral asinando nos libros parroquiais.

Versión en castelán