Mons. Barrio recibe a uns peregrinos especiais

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, recibiu esta tarde en audiencia a un grupo de peregrinos do equipo de Operacións de Telefónica da Fundación Bobath. Trátase dun colectivo que está a realizar o reto solidario “Ponche en pé”, que xorde da implicación con esta Fundación, dedicada ao tratamento integral das persoas afectadas de parálise cerebral e dano cerebral.

Os membros do mesmo equipo de Telefónica camiñaron para conseguir cadeiras de bipedestación para a Fundación Bobath. Estas cadeiras permiten a quen as usa poñerse de pé con total autonomía, facendo a súa día a día moito máis fácil. O Camiño dividiuse en 31 etapas repartidas en 16 fin# de semana entre abril e outubro. Preto de 200 voluntarios percorreron un total de 775 quilómetros para conseguir superar esta fase do reto, que culminou na tarde deste venres na audiencia con mons. Julián Barrio.

Versión en castelán