Mons. Barrio visita a parroquia da Divina Pastora da Coruña

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, realizou este sábado a visita pastoral á parroquia da Divina Pastora que atenden os Pais Capuchinos. A visita comezou ás cinco e media da tarde cunha visita á exposición polos 70 anos de presenza dos P.P. Capuchinos na cidade da Coruña. A continuación, mons. Barrio asinou nos libros parroquiais e mantivo un encontro cos numerosos colaboradores que ten esta parroquia. A visita terminou cunha eucaristía coa comunidade parroquial ás sete da tarde.

 

Versión en castelán