Mons. Fernández na UPSA

O bispo auxiliar, mons. Jesús Fernández, participou este mércores nun acto académico na Universidade Pontificia de Salamanca (UPSA). O acto, convocado pola Facultade de Teoloxía, celebrou o 50 aniversario da organización das Xornadas de Teoloxía, o que as converte no encontro de reflexión e debate teolóxico de maior experiencia da Igrexa española. Neste caso o tema proposto versou sobre “Teoloxía, pensamento da fe no marco dos desafíos actuais”.

Mons. Jesús Fernández participou nunha mesa redonda baixo o título “Correlacións entre teoloxía, espiritualidade e pastoral”. Na súa intervención, o bispo auxiliar compostelán falou da renovación pastoral a partir dos pontificados a partir de s. Pablo VI e da nova evangelización.

Ao longo deste último medio século, as Xornadas de teoloxía da UPSA abordaron un amplísimo panorama de cuestións teolóxicas. Nesta edición, os organizadores quixeron abrir unha reflexión sobre o mesmo quefacer da Teoloxía, considerando como abordar algúns dos moitos retos que hoxe reclaman a súa atención. Retos vindos de dentro da propia Igrexa ou vindos do mundo e da marcha da historia aos que responder a fin de cumprir con fidelidade a súa tarefa permanente de testemuñar, como pensamento elaborado, a mensaxe da salvación.

Versión en castelán