Mons. Fernández explica as UPAS na Coruña

O bispo auxiliar de Santiago, mons. Jesús Fernández, mantivo un encontro formativo cun grupo de sacerdotes e colaboradores parroquiais do arciprestazgo de Monelos, na Coruña. Mons. Fernández explicou o proxecto das Unidades Pastorais e a súa implantación na arquidiocese compostelá. Un proxecto aprobado polo Sínodo que a igrexa de Santiago celebrou entre 2016 e 2017 e que avogou por unha renovación pastoral que se fundamentará na cualificación dos suxeitos persoais e comunitarios da evangelización, da mellora do estilo pastoral, da renovación da parroquia, e da creación dunha nova estrutura que se denomina Unidade pastoral. Unha realidade que o documento final do Sínodo define como “realidade intermedia entre o arciprestazgo e a parroquia”, como “unha comunidade de fieis, antes que unha realidade territorial, unha agrupación de parroquias que conservan os seus dereitos e deberes, encomendada a un párroco ou a un grupo sacerdotal, que se unen con vistas á axuda mutua e á acción común”.

O encontro desenvolveuse nos locais da parroquia da Resurrección do Señor na cidade herculina.

Versión en castelán