Mons. Fernández preside a eucaristía do Pilar en Santiago

O Bispo auxiliar de Santiago, Mons. Jesús Fernández, presidiu en Santiago a eucaristía pola festividade da Virxe do Pilar na igrexa dos Franciscanos con asistencia dos mandos da Garda Civil na cidade e outras autoridades. Na súa homilía, Mon. Fernández fixo un paralelismo entre o Arca da Alianza do pobo de Israel e a Virxe do Pilar, cuxa festa “nos ofrece a oportunidade de contemplala como o “Arca da Nova Alianza”. En efecto, a antiga servira de morada á Palabra de Deus; ela, vai aloxar a Palabra que se fixo carne, Xesucristo”.

O Bispo auxiliar lembrou tamén que “Deus non nos abandona, está sempre presente na vida de todos e de cada un, xa sexa nos momentos felices, xa sexa nas dificultades”. Don Jesús acabou pedíndolle á Santísima Virxe “que nos axude a compartir o mellor de nós mesmos, a destacar o que nos une e a evitar que as ideoloxías e a manipulación da verdade se constitúan en obstáculo para o encontro entre as nosas rexións e pobos”.

Versión en castelán