Mons. Jesús Fernández preside o acto de despedida das Jesuitinas en Noia

As Fillas de Jesús despedíronse este domingo de Noia, poboación na que exerceron a súa vocación misioneira durante 61 anos á fronte do colexio María Assumpta. O entrañable acto de despedida contou cunha eucaristía presidida polo bispo auxiliar de Santiago, mons. Jesús Fernández, na igrexa de san Martín. Posteriormente celebrouse un acto no Coliseo Noela no que interviñeron representantes da congregación, o colexio e o concello. O centro pasa agora a ser titularidade da Fundación Educativa Jesuitinas.

Versión en castelán