Mons. Julián Barrio presidirá o Centenario da Adoración Nocturna en Muros

Mons. Julián Barrio presidirá en Muros este próximo sábado, 15 de setembro, a solemne Vixilia de Acción de Grazas con motivo do Centenario da creación da Adoración Nocturna Española nesta localidade. A solemne Vixilia celebrarase a partir das 20’30h na parroquia de san Pedro. Os actos comezarán coa procesión de bandeiras desde a Capela do Carmen ao templo parroquial, e finalizada a Eucaristía terá lugar a procesión co Santísimo polas rúas desta vila mariñeira.

Versión en castelán