Monseñor Barrio, a través dun vídeo, convida aos diocesanos a participar na asemblea de fin de curso

  • A cita será o próximo día 8 de xuño no Seminario Menor compostelán

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, anima nun vídeo publicado na páxina web da Arquidiocese (www.archicompostela.es) a participar na próxima asemblea diocesana de final de curso, que se celebrará o sábado día 8 de xuño no Seminario Menor compostelán. Tras ofrecer aos diocesanos unha “invitación persoal” a tomar parte neste encontro, monseñor Barrio asegura que se trata dunha boa ocasión para compartir experiencias e intercambiar impresións sobre a marcha do curso e falar sobre o que se levou a cabo ao longo destes meses.

Será precisamente o arcebispo quen teña a primeira intervención na devandita asemblea, en cuxo desenvolvemento haberá un forte compoñente testemuñal sobre o tema central do encontro, que vai virar sobre o anuncio do evanxeo da santidade. Un laico, unha persoa consagrada e un sacerdote ofrecerán o seu testemuño persoal de vivencia da chamada á santidade.

Unha reunión por grupos, unha sesión de traballo dos responsables da Escola Diocesana de Axentes de Pastoral (EDAP) e un xantar compartido darán paso, posteriormente a unha serie de testemuños sobre a vida sacramental.

Versión en castelán