Monseñor Barrio abrirá o V Encontro Mundial de Confrarías do Apóstolo e Asociacións do Camiño de Santiago

Hoxe péchase o prazo de inscrición para asistir ao V Encontro Mundial de Confrarías do Apóstolo e Asociacións do Camiño de Santiago que se celebrará entre o 6 e o 8 de marzo deste ano 2020 baixo o patrocinio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. O arcebispo, monseñor Julián Barrio, estará presente na inauguración destas xornadas e pronunciará a conferencia de inicio.

O Encontro ten o obxectivo de servir de preparación para a celebración do Ano Santo Compostelán 2021 e contará coa presenza da Dra. Linda Ghisoni, Subsecretaria para os laicos do correspondente pontificio Dicasterio.

A cita terá lugar no Hostal dos Reis Católicos e na súa conferencia inaugural o arcebispo falará sobre “A Archiconfraría do Apóstolo Santiago e o Ano Santo 2021”.

 

Versión en castelán