Monseñor Barrio anima aos axentes sanitarios non só a curar aos enfermos, senón a coidar deles

  • Na súa carta para o Día do Enfermo, o próximo 11 de febreiro, o arcebispo asegura que a proximidade e a compañía atenúan a dor

Nunha Carta Pastoral dedicada á Xornada do Enfermo, que todos os anos celebra a Igrexa o día 11 de febreiro, o arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio, indica aos axentes sanitarios que “facéndome eco do sentir do papa Francisco, anímome a dicirvos que non só curedes senón que coidedes aos enfermos que están nas súas casas ou acoden aos hospitais e centros socio-sanitarios que son como a pousada á que os familiares ou coñecidos dos enfermos, como bos samaritanos, lévanlles para ser sanados”. Na mesma liña, monseñor Barrio sinala que “é necesario non perder esta identidade na vosa dedicación fomentando a sintonía espiritual que nos descobre a todos que a nosa vida atopa sentido cando sabemos vivila ao servizo dos demais”.

Na súa carta con motivo da Xornada do Enfermo, baixo o lema “Acompañar na soidade”, o arcebispo indica que “aliviar o sufrimento é unha obra de caridade. Negalo é unha ilusión. A soidade que irrita a dor, leva nalgúns casos á tristeza e á depresión, encerrando ao enfermo en si mesmo e co seu medo interior”.

Tras indicar que “os cambios sociais nos que nos atopamos, poden contribuír a esta soidade ao ser difícil compaxinar os horarios das visitas aos enfermos cos horarios laborais dos familiares e persoas coñecidas”, monseñor Barrio asegura que  “a compañía atenúa a dor”. E comenta que non debemos dar “a impresión de que o sufrimento interior e físico non ten dereito á cidadanía”.

O arcebispo lembra aos “queridos enfermos e enfermas”,  que “vos teño moi presentes na miña oración coa intercesión da Virxe María, saúde dos enfermos”.

 

Versión en castelán