Monseñor Barrio anima a marcar “a casa da Igrexa” na Declaración da Renda

  • Carta Pastoral do arcebispo convidando aos diocesanos a colaborar coa misión e actividades eclesiais

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, convida a todos os diocesanos a dedicar “o 0,7 por cento dos vosos impostos ao sostemento da Igrexa católica”, ao comezo da presente campaña do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Nunha Carta Pastoral escrita con este motivo, o arcebispo anima “a marcar a casa da Igrexa católica ao facer a Declaración da Renda, manifestando desta forma o voso compromiso coa misión e as actividades eclesiais”. Monseñor Barrio lembra que “vos ingresos económicos que poida ter a Igrexa, dependerán do número de contribuíntes que opten por asignarlle esa porcentaxe dos seus impostos”.

Ademais, sinala que marcar a X non leva que paguedes máis nin recibades menos se a vosa Declaración da Renda resulta negativa”. O arcebispo comenta que “a ninguén se lle oculta o labor asistencial da Igrexa, sen esquecer a preocupación pastoral. Parroquias, hospitais, garderías, orfanatos, centros de acollida da Igrexa…, son outras tantas institucións postas ao servizo das persoas necesitadas material e espiritualmente. Tamén os nosos orzamentos diocesanos han tido en conta esta realidade”.

“Agradézovos”, di monseñor Barrio, “que marquedes a casa da Igrexa católica para seguir contribuíndo a un mundo mellor. La casa a favor da Igrexa e a doutros Fins de Interese Social son perfectamente compatibles, podéndose marcar as dúas”.

Versión en castelán