Monseñor Barrio asistiu á inauguración do proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago

S.M. A Raíña Dona Sofía inaugurou o proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Ao acto acudiron, xunto ao arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo; o ministro de Cultura e Deporte, José Guirao; o presidente do parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, Javier Losada; o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega; e o presidente da Fundación Barrié, José María Arias.

O Programa Catedral de Santiago foi promovido pola Fundación Catedral e a Fundación Barrié en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Instituto do Patrimonio Cultural de España do Ministerio de Cultura e Deporte. A restauración do Pórtico da Gloria foi posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié

 

Foto: xunta.gal

Versión en castelán