Monseñor Barrio asistirá en Madrid á reunión da Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, asistirá esta próxima semana á reunión que a Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española (CEE) celebrará os días 25 e 26 de xuño na Casa da Iglesia, en Madrid.

Durante estes dous días os bispos traballarán sobre os seguintes temas:

  • A Comisión Episcopal de Patrimonio Cultural, que preside Mons. Juan José Asenjo Pelegrina, levará á Permanente unha proposta para elaborar un protocolo para a xestión de seguridade dos Bens de Patrimonio Eclesiástico.
  • O presidente da Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe, Mons. Enrique Benavent Vidal, presentará, para a súa posible aprobación, a Nota “A miña alma ten sede de Deus vivo”.
  • Información sobre o proxecto de revitalización das Semanas Sociais por parte do presidente da Comisión Episcopal de Pastoral Social, Mons. Atilano Rodríguez Martínez.
  • Información sobre o Congreso de Laicos Pobo de Deus “en saída” que se celebrará do 14 ao 16 de febreiro de 2020. A preparación do Congreso está a cargo da Comisión Episcopal de Apostolado Seglar, que preside Mons. Javier SalinasViñals .

Outros temas

Outros temas da orde do día serán o estudo de solicitude de placet da Universidade Católica San Antonio de Murcia para a erección dunha Facultade Eclesiástica de Ciencias Sociais  e para a fundación da nova “Facultade de Teoloxía San Isidoro de Sevilla”. Tamén se informará sobre a solicitude de erección no ámbito nacional, como Movemento da Acción Católica, presentada pola “Acción Católica Obreira”.

Entre o capítulo de temas económicos, a Comisión Permanente aprobará os balances e liquidación orzamentaria do ano 2018 do Fondo Común Interdiocesano, da Conferencia Episcopal Española e dos órganos que dela dependen.

Como é habitual na reunión do mes de xuño, está prevista a aprobación provisional do calendario de reunións dos órganos da Conferencia Episcopal Española para o ano 2020. Os bispos recibirán información sobre diversos asuntos de seguimento. Complétase a orde do día coa información que presentan os presidentes das Comisións Episcopais e nomeamentos.

Convocatorias para a prensa:

  • Ao comezo da Comisión Permanente facilitarase a entrada aos medios gráficos, que deberán estar presentes de maneira puntual o martes, día 25 de xuño, ás 10.55 h.
  • A rolda de prensa final está prevista o xoves, día 27 de xuño, ás 00 horas. Poderá seguirse integramente on-line en www.conferenciaepiscopal.es , por Facebook Live da CEE e pola nosa canle de Youtube.

 

Versión en castelán