Monseñor Barrio asistirá este xoves no Hostal dos Reis Católicos á apertura do encontro dos presidentes de Conferencias Episcopais Europeas

  • A cita dará comezo en Santiago o 3 de outubro e contará coa presenza do presidente da CEE, monseñor Ricardo Blázquez, e do prefecto da Congregación para os Bispos, monseñor Marc Ouellet       

Baixo o rótulo de Europa,  ¿hora de espertar? Os signos da esperanza”, o Consello de Conferencias Episcopais de Europa, que agrupa no seu seo aos presidentes das Conferencias Episcopais europeas, reúnese en asemblea plenaria do 3 ao 6 de outubro en Santiago de Compostela. O arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio, promotor deste encontro, participará na solemne apertura da asemblea, que se desenvolverá no Hostal dos Reis Católicos a partir das 17:00 horas do día 3 de outubro. A invitación de monseñor Barrio obedece á importancia de darlles a coñecer aos bispos presidentes de Conferencias Episcopais o Ano Santo de 2021 e a transcendencia da peregrinación a Compostela.

O programa dos actos públicos destas xornadas é o seguinte:

Xoves 3 de outubro

17:00 Apertura solemne – Hostal dos Reis católicos

  1. E. Mons. Julián Barrio BarrioArcebispo de Santiago de Compostela
  2. Em. Card. Ricardo Blázquez, Presidente da Conferencia Episcopal Española
  3. Em. Card. Marc Ouellet, Prefecto da Congregación para os Bispos

Mons. Michael F. Crotty, Nunciatura Apostólica en España

Excmo. Sr. Don José Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago de Compostela

Excmo. Sr. Román Rodríguez,  Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia

 

19:30 Concelebración Eucarística de inauguración

Iglesia de San Francisco

Preside: S. Em. Card. Marc Ouellet

 

4 e 5 de outubro

Traballos da Asemblea Plenaria

 

Domingo 6 de outubro

10:00 Concelebración Eucarística de clausura

Iglesia de San Francisco

Preside: S. E. Mons. Julián Barrio Barrio

Oracións dos Papas en Santiago

11:00 Centro Internacional de acollida dos peregrinos: encontro con responsables e voluntarios (Cale Carretas).

 

A Asemblea de presidentes das Conferencias Episcopais europeas realizará durante as súas sesións unha análise cultural, político e social da situación de Europa, especialmente sobre o seu pasado máis recente, da man da profesora e filósofa francesa Chantal Delsol.

A Plenaria tamén identificará os elementos máis importantes que inflúen no tecido eclesial e civil do noso continente, lembrando as raíces cristiás inherentes a historia e cultura europea.

Versión en castelán