Monseñor Barrio asistirá á rolda de prensa de presentación da III Asemblea de Acción Católica Xeral a celebrar en Santiago

O próximo día 27 de xullo, xoves, o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, asistirá á rolda de prensa de presentación da III Asemblea de Acción Católica Xeral que se celebrará en Santiago do 3 ao 6 de agosto. A cita será ás 11:30 horas e desenvolverase na Sala San Filipe Neri de San Martiño Pinario, sede do Seminario Maior diocesano. Estarán presentes tamén:

  • Monseñor Carlos Escribano, bispo consiliario de Acción Católica Xeral e bispo de Calahorra e A Calzada-Logroño

  • Antonio Muñoz, presidente de Acción Católica Xeral

  • Eva Fernández Mateo, presidenta diocesana de Acción Católica Xeral en Santiago

Versión en castelán