Monseñor Barrio, na reunión da Comisión Permanente da CEE

A Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española (CEE) reúnese hoxe, luns, día 6 e mañá, martes, día 7 de xullo, na Casa da Igrexa, en Madrid. Esta reunión, á que asiste o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barrio, atrasouse da súa convocatoria orixinal con motivo da Covid-19 e será presencial.

No transcurso desta Comisión Permanente celebrarase hoxe, luns, ás 20.00 h., unha misa funeral na catedral Sta. María a Real da Almudena de Madrid por todos os falecidos por mor da pandemia. A Eucaristía será presidida polo cardeal D. Carlos Osoro Sierra, arcebispo de Madrid e vicepresidente da CEE e será concelebrada por todos os bispos da Comisión Permanente.

Á celebración acudirán SS.MM. os Reis de España, D. Felipe VI e D.ª Letizia, e SS.AA.RR. a Princesa de Asturias D.ª Leonor de Borbón e a Infanta D.ª Sofía de Borbón, así como diversas autoridades do Estado e representantes doutras confesións relixiosas.

Durante estes dous días os bispos traballarán sobre os seguintes temas:

– Análise e diálogo sobre a situación pastoral da Igrexa católica en España despois da saída do estado de alarma, que realizará a Secretaría Xeral.

– Estudo dun borrador de documento pastoral sobre a situación dos anciáns por mor da experiencia vivida coa Covid-19, a cargo da C.E. para os Laicos e Familia e Vida e C.E. de Pastoral Social.

– A Comisión Episcopal para os Laicos informará sobre os resultados e a actualización do Congreso de Laicos: Pobo de Deus en Saída, que se celebrou o pasado mes de febreiro.

Así mesmo, os bispos recibirán información sobre diversos asuntos de seguimento.  A Comisión Permanente aprobará, como é habitual, o calendario das reunións dos órganos da CEE para 2021.

Versión en castelán